QUE É REDONDELACOMERCIOXUSTO

Son unha muller emprendedora , chámome Rosana Alonso, e debido aos meus estudos (son bióloga), as miñas inquietudes, as miñas vivencias, e as miñas ganas de coidar a miña saúde e as miñas ganas de gozar de sabores auténticos e reais, a vida levoume a involucarme cada dia máis neste mundo dos produtos ecolóxicos.

Acabo de cumprir unha ilusión que levo pensando varios anos , que é a APERTURA Dunha  tenda onde atoparedes, produtos de alimentación de comercio xusto/ artesáns/ ecolóxicos ( cereais a granel, infusións, chocolates, cafes, azúcre panela, galletas.......) , drogueria natural biodegradable un 95%, de cosmética natural e xabóns artesanais,e tamén a presentación os traballos de artistas artesáns e galegos con grandes ideas como:
GELOLAS VINTAGE : roupa e artículos vintage.(próximamente nova colección propia)
MICO CREACIONES: diseño en telas orixinais (bolsos variados, monedeiros, libretas, faldas....)
CESTERÍA BELO: cestería artesana pero con toque modernos.

Podes atoparnos na Avenida ERNESTINA OTERO, Nº 43. , en REDONDELA , PONTEVEDRA.
Estamos situados o lado do aparcadoiro da plaza de abastos, detrás dunha parada de autobús.

Agora quero explicarvos cal é a filosofía do comercio xusto, que se debe aplicar tando os paises do Sur como aqui mesmo en Galicia, ou España.

Que é o comercio xusto?: é unha maneira de realizar un consumo responsabel e sensibilizado, no que ademais de disfrutar duns produtos de calidade,tamén estamos contribuindo a axudar a esos produtores que lles costa sair adiante debido a sua localización,e todas as travas que te encontras dentro de este mundo industrial tan competitivo.

Tanto os produtores como distribuidores e os vendedores que estan rexistrados no comercio xusto debemos cumprir e cumprimos una serie de condicións que se axustan a este comercio como é un trato xusto dos seus empregados,garantizar un produto de calidade...
resumindo intentar mostrar o mais transparente posible os pasos de ese produto que compras.

tes moitas razóns para mercar no comercio xusto:

1º sabes o que comprar e de donde ven,cunha calidade demostrada.

2º sentirte ben sabendo que o produtor vai recibir un pago xusto polo seu produto,sen esas explotacións que sofren moitos produtores de todo o mundo non so nos paises pobres,no que a veces reciben menos que o coste base, tamén falamos dos produtores cercanos que van dende a nosa comarca a toda España.

3º ademais vades encontrar unha gran variedade de produtos de todo o mundo,dende alimentación, artesania, roupa,.., unha forma de coñecer outros paises,e disfrutar das suas especialidades.

4º no comercio xusto tedes produtos artesanais para as distintas ocasións : regalos para un aniversario,para tua casa, para nenos ,para ti homes e mulleres..

Todos os produtos que ofrecemos foron elaborados seguindo os principios do comercio xusto:

# Condicions de traballo dignas e salarios xustos.
# Ausencia de explotación infantil.
# Igualdade de oportunidades e de trato.
# Respeto polos dereitos humanos.
# Respeto polas culturas indíxenas.
# Funcionamiento democrático das organizacións que interveñen.
# Relación comercial a largo plazo.
# Pago dunha parte do precio por adiantado para evitar o endeudamento