RECEITAS COMERCIO XUSTO

RECEITA DE BISCOITO DE CHOCOLATE E CAFÉ DE COMERCIO XUSTO

INGREDIENTES:
150 g de chocolate negro de Comercio Xusto
2 cl de café de Comercio Xusto
1 sobre de café soluble de Comercio Xusto
80 g de azucre de Comercio Xusto
125 g de manteiga
4 ovos
75 g de fariña
1 cullerada de fermento (levadura) en po
Marmelada de ComercioXusto.
PREPARACIÓN:
Ponse a quecer o chocolate co café e o soluble
nun recipiente ata que se derreta. Engádese a
manteiga a punto de pomada, remexendo ben
coas variñas.
Noutro recipiente bátense os ovos co azucre ata
que esponxen. Unha vez ben montados,
mestúraselles o chocolate co café.
A continuación mestúrase a fariña co fermento e
engádense os ovos.
Úntase un molde con manteiga e enfaríñase.
Bótase nel a masa e métese no forno a 160º
durante 30 minutos.
Desmóldase e acompáñase cunha marmelada
(de amoras, amorodo, etc.).

RECEITA CUSCÚS CON CABAZA O CURRY

INGREDIENTES:
300gr. de cuscús de comercio xusto precocido.
300 ml. de caldo de carne.(vaso e medio).
400gr. de cabaza (mellor ecolóxica).
3 cucharadas de pipas de cabaza ou anacardos de comercioxusto.
1 porro.
2 dentes de allo.
1 cucharadiña de curry comercio xusto.
1 cucharadiña de menta (opcional).
1 pizca de canela comercio xusto.
Pementa negra o gusto.
Aceite de oliva e sal.

PREPARACIÓN:
Pelar e trocear a cabaza en dados pequenos.
Pelar e picar o porro e os allos.
Poñer a cacerola o lume con unhas cucharadas de aceite e rehogar a cabaza e o porro salpimentando o gusto.Lume medio-baixo e removendo con cuchara de madeira.
Pasados uns minutos incorporar o caldo de carne ou caldo vegetal,engadir as especias o gusto e mezclar ben.
Incorporar a continuación a auga,deixar que rompa a ferver e verter o cuscús en forma de choiva.Engadir as pipas de cabaza ou anacardos en pezas,darlle un par de voltas e tapar a cacerola.
Apagar o lume e deixar reposar uns 5 ou 10 minutos antes de servir o prato.